Tuesday 21 de May de 2024

Vacacións para os usuarios e usuarias do curso de Habilidades Sociais


Usuarios, usuarias e monitoras do curso de Habilidades Sociais organizado polo Concello de Ordes celebraron cunha gran festa o remate do seu curso. Un evento no que Susana García, concelleira de Benestar Social, fixo entrega dos diplomas ante a atenta mirada dos familiares, amigos e amigas que asistiron. Na aula especialmente habilitada no Mesón do Vento todos e todas non pararon de bailar ao ritmo da recanteira local Alba Docampo, que tamén quixo colaborar poñendo a súa voz e o mellor de si para que este día aínda foxe máis especial.